Pescados Rubén FSF e Atlético eliminan rivais e a Liga é cousa de dous

Luci guía en Alicante con catro tantos ao cadro burelés, que se despega na cabeza co Futsi tras fallar o Penya Esplugues

Luci, autora de catro tantos en Alicante. AXM

O Pescados Rubén Burela FSF solventou un novo envite complicado a domicilio tras gañar na pista do Universidad de Alicante (3-5), que chegaba á décimo cuarta xornada na cuarta praza da Liga Foro 16 Feminismo.

Despois da vitoria do equipo mariñao ante un rival directo, do triunfo do Atlético Navalcarnero perante o Leganés (4-6) e do tropezo do Penya Esplugues en Murcia (3-2), a pelexa polo título semella cousa de dous.

O cadro burelés é líder con 39 puntos de 42 posibles, por 38 que ten o Navalcarnero. O Penya Esplugues, terceiro clasificado, queda con 31 tantos, a unha distancia que semella insalvable dado os poucos erros que cometen os dous equipos da cabeza da táboa.

CHOQUE IGUALADO

As burelesas saíron cos tres puntos dun partido con alternativas no marcador, no que chegaron a perder por expulsión a Jozi na xogada do 2-1 e no que, a falta de nove minutos para o final, o electrónico sinalaba un 3-3.

Luci, autora de catro tantos -o outro das visitantes foi de Carmen en propia portería-, resultou desequilibrante.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here