O Pescados Rubén Burela FSF é campión de inverno despois de golear (8-1) ao Femisport Palau, o pechacancelas da Liga Foro 16 Feminismo.
As burelesas rematan a primera volta con 42 puntos de 45 posibles. Só caeron fronte ao Atlético, que queda a tres tantos do conxunto mariñao tras empatar no derbi madrileño co Alcorcón (3-3).
O duelo demostrou a diferenza entre o primeiro e o último clasificado da categoría. No minuto 5, Dany abriu o marcador. Antes, Luci enviara un disparo ao poste e Ana Romero desbaratara unha oportunidade de Vieites.
bea mateos marcou no seu regreso ás pistas tras varios meses lesionada
O cadro burelao aumentou en dous goles a súa renda antes do minuto 10, con tantos obra de Cami e de Lara.
A falta de dous minutos para o descanso, Julio Delgado optou pola porteira-xogadora e Bea Mateos, no seu regreso ás pistas despois dunha lesión padecida na pasada tempada, na final da Copa de España. Pouco despois, Collado fixo en propia porta o 5-0.
A segunda metade tivo pouca historia. Marta marcou o gol da honra do equipo catalán, mentres que Alves, Luci -que anotou o seu sexto tanto en dúas xornadas- e Peque completaron o 8-1 definitivo.
DERBI GALEGO
Na vindeira xornada, o conxunto laranxa recibirá ao Viaxes Amarelle no derbi galego que abrirá a segunda volta.