O Pescados Rubén Burela FSF segue como líder na Liga Foro 16 Feminismo despois de solventar (4-0) o derbi galego contra o Amarelle disputado este sábado en Vista Alegre.
As discípulas de Julio Delgado e máis Lucas seguen a rendabilizar os encontros diante da afección, pois no que vai de tempada non cederon un só punto no seu pavillón.
Peque, con dous tantos, liderou ao cadro burelao fronte ao equipo coruñés. A á-pivote madrileña abriu a conta das locais no minuto 5 e Dany anotou o segundo no 14.
O tanto da pivote brasileira abriu os mellores minutos das locais, deixaron o encontro visto para sentenza antes do descanso. Peque marcou o 3-0 no minuto 17 e, segundos despois, Cilene ampliou a renda nunha xogada de estratexia. A peche carioca aproveitou un rexeitamento nun saque de esquina, despois dun remate de Cris.
Xa antes da conclusión do primeiro tempo, o Amarelle tentou limar diferenzas co xogo de cinco. Seguiu tralo descanso, pero non conseguiu incomodar a un Burela FSF que segue a sumar de tres diante dos seus seareiros.
VINDEIRA XORNADA
A vindeira fin de semana, o Pescados Rubén Burela FSF visitará ao Sala Zaragoza. O equipo aragonés é o penúltimo clasificado e está inmerso na loita por eludir o descenso.