O Pescados Rubén Burela FS anunciou na mañá deste luns a fichaxe do á gaditano José Antonio Macías Pérez, ‘Joselito‘, que chega como reforzo invernal ao líder da Segunda División.
O futbolista, internacional coa selección española, chega en calidade de cedido até final de curso procedente do Palma Futsal, onde milita desde a idade xuvenil.
Joselito ingresou no conxunto balear na tempada 2010-2011 e desde entón protagonizou as páxinas máis brillantes da historia do club mallorquín.

EXPERIENCIA EN PRIMEIRA
Malia a súa xuventude -naceu en San Fernando o 17 de outubro de 1992-, Joselito ten unha ampla experiencia na máxima categoría. Na presente tempada disputou 16 partidos co equipo insular na Primeira División. Foi titular en cinco deles e anotou tres goles.