![Coñécense os primeiros surfistas do Illa Pancha Challenge, que se celebrará o mércores Coñécense os primeiros surfistas do Illa Pancha Challenge, que se celebrará o mércores](https://xn--xornaldamaria-tkb.gal/wp-content/uploads/2019/01/50998068_2285141255097268_7749609809447485440_o-1-768x512.jpg)
Rematou a espera. O Illa Pancha Challenge celebrarase finalmente este mércores, cando arredor dunha trintena de surfistas de nivel mundial enfrontaranse ao ‘Panchorro‘, unha onda que se espera alcance unha altura de entre 15 e 20 metros.
Segundo explican desde a organización do evento, o prognóstico do tempo será o axeitado durante toda a semana para a formación do tubo que se agarda en Ribadeo.
RECORDMAN MUNDIAL
Este luns seguiron os adestramentos e foron coñecéndose nomes de participantes. Rodrigo Koxa, plusmarquista mundial, Sebastien Steudner, Lucas Chumbo, Ian Concensa, Everaldo Pato, Alemão de Maresias, Axi Muniain, Ross Clarke-Jones, Rafa Tapia, Pierre Rollet, Fred David ou Natxo González confirmaron a súa presenza un desafío que se disputará por parellas.
Este martes, a organización dará a coñecer os horarios das mangas para todos aqueles interesados en asistir ao evento, que se poderá seguir en streaming neste enlace.