IniciosociedadeXove exaltará o polbo da pedra o 18 de abril con dez...

Xove exaltará o polbo da pedra o 18 de abril con dez especialidades

Concello e Aciam impulsan a festa gastronómica, que inclúe unha exposición e un obradoiro no que os nenos coñecerán o ecosistema do cefalópodo

Publicada o

- Advertisement -

Xove acollerá o 18 de abril, Xoves Santo, a décimo oitava edición da Festa do Polbo da Pedra.

O alcalde de Xove, o popular Demetrio Salgueiro, e hostaleiros asociados á ACIAM do municipio presentaron o cartel desta nova edición e anunciaron a data da exaltación gastronómica, que cumpre a súa maioría de idade.

A partir das 12.00 horas, os locais de hostalería de Xove ofrecerán o molusco cefalópodo en ata dez especialidades: á feira, en empanada, ao allo, á grella, en vinagreta, con queixo de San Simón, á mariñeira, con mollo de allo, en pizza ou revolcón.

As racións rondarán os dez euros, aínda que hai especialidades que poderán custar menos ou máis desta cantidade.

O polbo da pedra, un dos produto estrela de Xove, trabállase especialmente nos portos de Morás e de Portocelo; caracterízase por unha cor escura, con raxos máis longos e cabeza máis pequena.

ACTIVIDADES PARALELAS

A festa gastronómica contará con varias actividades paralelas. Do 2 ao 28 de abril poderase admirar a exposiciónO polbo e o seu ecosistema‘, de 10.00 a 21.00 horas no salón de actos do consistorio xovense.

Os máis pequenos visitarán a mostra dentro dun obradoiro no que traballarán sobre este produto estrela de Xove, que se traballa especialmente nos portos de Morás e de Portocelo

Ademais, o xoves 18, ás 12.00 horas, a compañía Mircromina Teatro de Títeres recreará o espectáculo de monicreques ‘Ariadna‘. Creada por Ton Arenas en Mondoñedo, o grupo dirixe as súas actuacións ao público infantil e familiar, apelando ao humor, á intelixencia e á consciencia.

XOVE MIRANDO AO MAR

A celebración enmárcase dentro do proxecto ‘Construír o Futuro de Xove Mirando ao Mar’ financiado polo Galp Mariña-Ortegal, que organizará tamén este ano a Festa do Percebe, as Xornadas Gastronómicas e o Tapeo do Mar e as Visitas Guiadas en Embarcación á Illa de Ansarón.

Trátase un proxecto para a dinamización turística e socioeconómica do municipio impulsado desde o departamento de emprego e desenvolvemento local do Concello de Xove e na que colaboran tres entidades: administración local, Asociación A Medorra e ACIAM.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...