A pivote internacional con Brasil Pholyana Caroline Soares Silva, coñecida no fútbol sala como Popó, someterase a un período de proba para valorar a súa posible incorporación ao Pescados Rubén Burela FSF.
Popó, nacida en Lajes no 1997, incorporarase este semana á dinámica de traballo deseñada por Julio Delgado e máis Lucas.
Os técnicos e maila dirección do club valorarán se a xogadora brasileira cumpre cos requisitos para formar parte do bloque laranxa na segunda volta da Liga Foro 16 Feminismo, competición da que o Burela FSF é líder.