InicioDeportesConta atrás para a creación dun club de atletismo en Burela

Conta atrás para a creación dun club de atletismo en Burela

O Concello compromete "o apoio necesario" e anuncia que "en quince días" comezará a definirse a directiva e "os primeiros pasos" da nova entidade

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela apoiará a creación dun club de atletismo no municipio. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, anunciou que “en quince días” se creará unha mesa para definir a “directiva” e “os primeiros pasos a dar nese novo proxecto”.

REUNIÓN COA FEDERACIÓN GALEGA

O edil explicou a posición do concello despois de participar nunha reunión con atletas da localidade interesados na iniciativa e mais co presidente e vicepresidente da Federación Galega de AtletismoIsidoro Hornillos e Suso Vázquez Tallón.

Fernández subliñou que o obxectivo do proxecto é  “canalizar” á afección local ao atletismo para que as corredoras e corredores de Burela “non teñan que irse a outros clubs ou a outras localidades da Mariña a practicar este deporte”.

O concelleiro recoñeceu que se trata dunha iniciativa “na que levan traballando desde hai tempo” e comprometeu “todo o apoio necesario” para que a iniciativa saia adiante.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...