O atleta de Viveiro Adrián Ben revalidou este domingo o seu título de campión de España sub-23 de cros.
O corredor viveirense tirou de novo do seu espléndido final e adiantou nos últimos metros ao tamén galego Tariku Novales para cubrir o percorrido, de 10.050 metros, nun tempo de 30 minutos e 44 segundos.
Aquí dejamos las impresiones del campeón sub23 @adryben44 pic.twitter.com/cvMtCKh21O
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) March 10, 2019
Malia chegar sen apenas preparación en campo a través, despois de participar nos 1.500 metros do campionato de España -no que obtivo o bronce- e do Europeo absoluto de pista cuberta, Ben demostrou de novo que é o gran dominador da competición.
Gañou a proba Mohamed Katir, representante de Murcia que parou o cronómetro en 30:44, pero que non contaba para o título individual. Podes ver a carreira completa neste enlace.