InicioDeportesBurela FS: chega Vargas e renova Hélder, marchan Chus e Álex

Burela FS: chega Vargas e renova Hélder, marchan Chus e Álex

O xogador andaluz, de 21 anos, vén de xogar en Primeira co Levante e desenvólvese como á

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela da vindeira tempada colle forma. Trala incorporación de Lucho, a segunda fichaxe do conxunto laranxa será a de Ramón Vargas, á andaluz de 21 anos que procede do Levante UD, ao igual que o peche lucense.

Vargas, ex de Tenerife Iberia Toscal e do filial de El Pozo Murcia, xogou 18 partidos o ano pasado na Liga Nacional de Fútbol Sala co equipo levantino, todos como suplente. Anotou catro goles.

CINCO EFECTIVOS

A Vargas, Matamoros, Renato e Lucho súmase Hélder Gonçalves. O canteirán burelés renovou o seu compromiso coa entidade laranxa, logo dunha tempada con protagonismo no primeiro equipo.

BAIXAS

Causarán baixa Chus e Álex. O á salmantino marcha trala súa primeira campaña no club, mentres que o gardameta madrileño di adeus á entidade despois de tres tempadas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...