A SD Ribadeo domina a Copa Deputación

O equipo ribadense faise co título provincial nas categorías infantil e xuvenil

O equipo infantil da SD Ribadeo / Deputación de Lugo

A SD Ribadeo foi o gañador este sábado da 35º Copa Deputación de fútbol nas categorías Infantil e Xuvenil e confirma así, o poderío que as categorías inferiores deste clube teñen no fútbol lucense.

Esta edición, dedicada ao falecido Jorge Tato, conta cun investimento de 100.000 euros e preto de 300 equipos participantes. A SD Ribadeo erixiuse como campión desta edición tras derrotar na final á S.C.D. Residencia nas dúas categorías.

O Presidente da Deputación, Darío Campos, participou na entrega dos premios, que tivo lugar no Campo da Mina da Pontenova.

O presidente da deputación, Darío Campos, entrega o trofeo ao capitán da SD Ribadeo tras gañar o campionato infantil / Deputación de Lugo

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here