O Pescados Rubén Burela FS remontou un 2-0 en Zaragoza (3-5) e deu outro paso de xigante para xogar a vindeira tempada na Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS).
Cinco xornadas quedan para o remate da competición, 15 puntos, e a primeira praza da Liga regular -que dá dereito a promocionar de categoría de xeito directo- parece cousa de dous.
O cadro que adestra Juanma Marrube ten seis tantos de renta sobre o segundo clasificado, o Betis, que gañou ao Talavera (1-7). O Mengíbar semella descartado tras perder na pista do Barcelona B (6-1).
Logo dun mal inicio, no que Muniesa -ao cuarto de hora- e Trasobares -tralo descanso- deron vantaxe ao Colo Colo sen que os mariñaos creasen excesivo perigo, a aposta do adestrador alfocego polo xogo de cinco deu resultado.
Juanfran limou diferenzas no marcador no minuto 27 e o manexo do porteiro-xogador serviulle ao líder da Segunda División para darlle a volta ao encontro. Pope, no 33 e 34; Renato, no 36 e Juanfran, no 39, plasmaron no electrónico o dominio do Burela FS deste recurso.
Carlos García recurtou diferencias nos últimos compases do encontro, sen facer perigar unha crucia vitoria dos burelaos.
VINDEIRA XORNADA
O Pescados Rubén Burela FS recibirá a vindeira fin de semana ao Talavera nunha nova tarde laranxa, que incluirá o derbi do equipo masculino contra o Poio Pescamar.