InicioDeportesA Semana do Deporte reivindicará a igualdade cunha mesa redonda sobre a...

A Semana do Deporte reivindicará a igualdade cunha mesa redonda sobre a muller

O Concello de Burela impulsa a programación, do 3 ao 7 de abril, que inclúe un clínic de pádel e outro de baloncesto coa presenza de xogadores do Obradoiro

Publicada o

- Advertisement -

Burela acollerá do 3 ao 7 de abril a cuarta Semana do Deporte, que organiza o Concello.

Entre o programa de actividades haberá talleres de iniciación ao atletismo para crianzas e ao xadrez para adultos, un clínic de pádel e outro de baloncesto no que participarán xogadores do Obradoiro, así como charlas e unha ruta de sendeirismo.

MÉRCORES

A cuarta Semana do Deporte de Burela comezará o mércores, 3 de abril, cun taller de iniciación ao atletismo, organizado pola Federación Galega da especialidade, que se desenvolverán nos colexios Vista Alegre e Virxe do Carme.

Ese mesmo día celebrarase un clínic de baloncesto, coa visita de dous xogadores do Obradoiro, equipo da Liga ACB, ás escolas do CB Burela, e que se desenrolará no pavillón Vista Alegre.

XOVES

O xoves 4 terá lugar un circuíto deportivo polas escolas infantís coa visita do CD Burela FS Pescados Rubén, e ás 20.00 horas, no salón de conferencias, haberá unha charla titulada Muller e Deporte, na que participarán Pili Neira (fundadora de MUDEGA-Mulleres Deportistas Galegas), Patricia González Mota “Peque” (xogadora do CD Burela FS), Tania Fonte (árbitro asistente internacional de fútbol) e Carla Trillo (atleta local).

PARTICIPARÁN NO COLOQUIO PEQUE, A ATLETA CARLA TRILLO, A ÁRBITRO TANIA FONTE OU PILI NEIRA, FUNDADORA DE MUDEGA

A mesa redonda será moderada por Suso Vázquez, vicepresidente da Federación Galega de Atletismo.

VENRES

O venres 5, a partir das 20.00 horas no pavillón Vista Alegre, haberá unha charla sobre primeiros auxilios no deporte a cargo de Camilo Vázquez, do 061, organizada por Semes Galicia.

SÁBADO

O sábado celebrarase un clínic de pádel a partir das 12.00 horas no Activity Center. Tamén haberá a partir das 16.00 horas, na praza da Mariña, un circuíto infantil de BTT, organizado por Cerezo Bikes.

DOMINGO

A IV Semana do Deporte de Burela rematará o domingo, 7 de abril, coa ruta circular de sendeirismo, que sairá de Capitanía Marítima ás 10.00 horas, organizada pola asociación Pasada das Cabras.

O ÚLTIMO DÍA CUBRIRASE A RUTA CIRCULAR DE SENDEIRISMO, HABILITADA POLO CONCELLO E CUNHA DISTANCIA DE 16 QUILÓMETROS

Ademais haberá un taller de iniciación ao xadrez para adultos, a partir das 11.00 horas, no salón de conferencias, organizado polo clube de xadrez Reyes y Peones. Tamén o domingo terá lugar o torneo desta mesma entidade, que se celebrará no pavillón Monte Castelo a partir das 16.00 horas.

CONVITE A PARTICIPAR

Na presentación, que tivo lugar este venres, participaron o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de deportes, Ramiro Fernández Rey, representantes das distintas entidades colaboradoras e o técnico municipal de deportes, Iván Cao “Lucas”.

Fernández Rey sinala que “penso que conseguimos un programa moi atractivo e queremos invitar a todo o mundo a participar. Non fai falta ser ningún experto nin ter ningún tipo de afinidade por algún deporte, simplemente querer achegarse”, expón. O edil agradeceu a colaboración “da Deputación de Lugo e das entidades patrocinadoras”.

ÚLTIMAS

Seis anos de cadea para un veciño do Valadouro por agresión sexual a unha moza

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos de prisión a un mozo,...

OPP Burela organiza unha nova xornada sobre a obriga de desembarque e valorización

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou na mañá do xoves...

Ribadeo prende as luces de Nadal este 1 de decembro

O Nadal da comezo mañá, 1 de decembro, en Ribadeo co acendido do alumeado....

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...