Con seu irmán Diego, Sergio Vallejo (Meira, 1967) forma unha parella temible para as escuderías de rallies, “os lobos”. Campión de España no 2009 e no 2014, o piloto meirego ostenta un sobresaínte palmarés que non lle fai durmirse nos loureiros: nos últimos anos, tras gobernar o asfalto, está a probar sorte na terra.
“Nos rallies, a concentración é o que diferenza aos campións”, explica o piloto nunha entrevista con Lugo Xornal, na que non dubida de que a provincia -cos rallies San Froilán e Ulloa, as Subidas á Pontenova e Chantada– “é unha potencia deste deporte”. A competición pontenovesa celebrarase o 6 e 7 de xullo.