InicioDeportesO Burela FSF fai os deberes antes da batalla de Vista Alegre...

O Burela FSF fai os deberes antes da batalla de Vista Alegre contra o Futsi

As locais levaron un susto tras pasar do 0-4 ao 3-4 en tres minutos, pero acadaron tres tantos que lles permiten manter a renda sobre o Atlético de cara ao duelo directo da vindeira xornada

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF derrotou a domicilio ao Majadahonda e conserva a súa vantaxe de tres puntos sobre o Atlético Futsi Navalcarnero antes do que se presume como a gran final polo título da Liga Foro 16 Feminismo, que primeiro e segundo clasificado disputarán o vindeiro sábado (19.30 horas, Vista Alegre).

O Atlético goleou (4-0) ao vixente campión, o Jimbée Roldán, e precisa gañar en Burela para limar a vantaxe das locais, que só cederon puntos no encontro da primeira volta fronte ao cadro branquivermello.

O conxunto burelao deixou encarrilado o encontro desde o minuto 1, cun tanto de Alves, e alcanzou o descanso con tres goles de renda tralos tantos de Dany e Peque.

A xogadora madrileña aumentou o botín das visitantes nada máis comezar a segunda parte ao anotar un 0-4 que parecía deixar o encontro visto para sentenza.

Con todo, tres minutos de desconexión -do 27 ao 29- do Pescados Rubén FSF costáronlle tres goles en contra, anotados por Sheilita, Andrea e Ele Sanmillán. Con dez minutos por xogarse, comezaba un partido case novo.

Julio Delgado e máis Lucas apostaron polo xogo de cinco para sacudirse o dominio das locais e o recurso deu resultado. Cami anotou o definitivo 3-5 que deu tranquilidade ás mariñás.

FIN DE SEMANA APAIXONANTE

O Pescados Rubén FSF recibirá ao Futsi nun encontro que se presume tan apaixonante coma o do primeiro equipo masculino, que precisa dun punto ante o Noia para certificar o ascenso a Primeira División. De darse dous resultados positivos, podería ser a fin de semana soñada para a entidade laranxa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...