InicioDeportesCervo acollerá a 300 piragüistas no Galego infantil de K1 e C1

Cervo acollerá a 300 piragüistas no Galego infantil de K1 e C1

O encoro de Río Covo será o sábado 27 de abril a sede do campionato, que xuntará a 30 clubs

Publicada o

- Advertisement -

O encoro de Río Covo será o sábado 27 de abril a sede do Campionato Galego Infantil de Piragüismo nas categorías K1 e C1.

A cita, que prevé reunir a máis de 300 palistas de 30 clubs da comunidade, comezará ás 11.00 horas. Tanto o Concello como o Club Deportivo San Ciprián convidan a presenciar o evento nunhas instalacións que empregaba para adestrar o medallista olímpico David Cal.

O alcalde, Alfonso Villares, o edil de deportes, José Ramón Soto, a directiva do Club Deportivo San Ciprián, Cristina Barreira, e o responsable da sección de piragüismo, Iván González, participaron na presentación do campionato xunto a varios adestradores e rapaces que integran este departamento.

RETORNO “IMPORTANTE”

Levamos moitos meses traballando man a man co Club Deportivo San Ciprián e coa súa sección de piragüismo para poder traer esta regata a Cervo, e cremos que o retorno será importante pola gran cantidade de xente, de familias, que move”, explicou Villares.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...