InicioDeportesReferentes do trail mundial como Oihana Kortázar ou Aritz Egea, entre os...

Referentes do trail mundial como Oihana Kortázar ou Aritz Egea, entre os 750 participantes da Camovi

A carreira de montaña de Viveiro, con seis circuítos de diferente dificultade, cumprirá a súa novena edición o vindeiro sábado

Publicada o

- Advertisement -

Arredor de 750 deportistas -entre eles, Oihana Kortázar, campioa das Skyrunning World Series, ou Aritz Egea, no top 10 do circuíto mundial- participarán o sábado na novena edición da Carreira Montes de Viveiro, Camovi.

A proba ofrecerá seis circuítos con diferentes niveis de dificultade: C42K (42 quilómetros), C21K (21 quilómetros), C10K (10 quilómetros), C45 relevos (45 quilómetros en parella), CAMOVIkids -na que participarán 150 pequenos- e unha andaina solidaria de once quilómetros, cun prezo de cinco euros, que serán doados á Asociación Española Contra o Cancro.

SOLIDARIA

Neste senso, a organización recadou un total de 1.550 euros entre a andaina e os adestramentos solidarios. Trátase do dobre de diñeiro obtido na pasada edición da Camovi.

Unha das novidades da Camovi deste ano é que a maratón de montaña será puntuable -con dúas unidades- para participar no Ultra Trail de Mont Blanc.

A organización dunha proba con tanta participación require de cen voluntarios.

FESTA POSTERIOR

Un dos obxectivos da carreira é dinamizar a economía de Viveiro. Os organizadores calculan que un 25% dos participantes procede doutras zonas da provincia de Lugo e Galicia e destaca o tirón que ten a proba en lugares como Madrid, onde foi presentada na Casa de Galicia.

Todos os participantes poderán desfrutar da festa posterior á proba, con concertos na Praciña da Herba ás 20.00 horas (Gin Toni’s) e 22.00 horas (Punta Norte).

FAI QUE VIVEIRO “TRASPASE FRONTEIRAS”

O deputado de deportes da Deputación de Lugo, Pablo Rivera, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, así como representantes da organización da proba e do principal patrocinador, Caixabank, presentaron a edición 2019 da Camovi. Tamén estivo presente Egea; a súa participación será un dos reclamos da proba.

O corredor vasco remarca que o trail, unha modalidade en voga, ofrece “a posibilidade de coñecer xente e lugares”. O atleta fixo unha parte do percorrido e considerou que se trata dunha proba “asequible” para o público.

Pola súa banda, Loureiro destacou que “paga a pena colaborar cunha organización que traballa moitos meses, que sempre introduce novidades e que fai que o nome de Viveiro traspase fronteiras“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...