InicioDeportesDerrota indolora do Pescados Rubén FS en Elche

Derrota indolora do Pescados Rubén FS en Elche

O cadro burelao, xa campión e novo equipo de Primeira, recibe o segundo revés da tempada na penúltima xornada da Liga regular

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS, co título de Segunda División e o ascenso a Primeira no peto, encaixou unha derrota indolora na pista do Axa Fita Port Elche (3-1) na penúltima xornada da Liga regular.

O cadro ilicitano, inmerso na loita por eludir o descenso, xogábase moito máis có mariñao e mandou no electrónico desde o minuto 11, cun gol de Juanito.

Héctor puxo máis terra de por medio no marcador a favor dos locais á volta do descanso. Juanma Marrube apostou daquela polo xogo de cinco, que permitiu ao cadro burelao recurtar diferenzas no electrónico cun tanto obra de Juanito en propia meta.

A falta de tres minutos para o desenlace, Héctor acabou coa resistencia dos mariñaos, que afrontaron os últimos compases do encontro en inferioridade polo dobre cartón marelo para Luisma.

O partido supuxo a despedida do veterano porteiro internacional Rafa, integrante do conxunto ilicitano, con 21 anos na elite do fútbol sala.

FIN DE FESTA

O Pescados Rubén Burela FS despedirá a liga 2018-19 o sábado 4 de maio coa visita do FC Barcelona B e cunha cea na que os campións e a afección poderán celebrar xuntos a volta á elite do fútbol sala.

A Parrillada Don Chuletón acollerá a cea do ascenso, a partir das 22.00 horas, con prezo de 30 euros por persoa. Os tiques pódense comprar na sede da entidade ata o día 2.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...