InicioDeportesDany mantén ao Burela FSF na loita pola Liga cun gol no...

Dany mantén ao Burela FSF na loita pola Liga cun gol no último minuto

Con dous goles, un deles a 30 segundos para o remate, a pivote desequilibra o duelo fronte ao Alcorcón (1-2) e dá vida ao Pescados Rubén na súa loita por cazar ao Futsi

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF solventou unha situación difícil na pista do Alcorcón e mantense na pelexa polo título de Liga tras derrotar ao cadro madrileño (1-2) cun gol de Dany no último minuto do encontro.

O equipo laranxa segue á espera dun tropezo do Atlético Futsi Navalcarnero, que gañou ao Penya Esplugues (2-0) na vixésimo sexta xornada da Liga Foro16 Feminismo.

Dany anotou axiña o 0-1, no minuto 2. O cadro burelao dominou os primeiros compases do encontro e tivo oportunidades para ampliar a renda, sen acertar coa portería da extraordinaria porteira internacional Belén.

No treito final do encontro, o conxunto local optou polo xogo de cinco, que rentabilizou para acadar o empate. Aida desviou un disparo da pivote galega Vane Sotelo para equilibrar o marcador.

Respondeu o Burela FSF con porteira-xogadora e, a falta de 30 segundos para o desenlace, Dany deu ao equipo laranxa unha vitoria imprescindible para seguir a soñar co título de Liga.

TRES XORNADAS PARA O REMATE

Quedan tres xornadas para o remate da Liga Foro 16 Feminismo. A vindeira fin de semana, a competición volverá tomar un descanso, coincidindo co X Torneo Internacional 9 de Maio de Moscova. Peque e Cris participarán no trofeo coa selección española e Jenny co combinado portugués.

As burelás regresarán o sábado 11 de maio, en Vista Alegre, cun derbi ante o Ourense Envialia FSF, nunha reedición da última final da Copa Galicia, resolta a prol do cadro laranxa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...