Juanma seguirá como adestrador do Pescados Rubén

O técnico alfocense renova por unha tempada e cumprirá o seu segundo curso no conxunto burelés

Juanma Marrube. CEDIDA/PESCADOS RUBÉN

Juanma Marrube e mailo Pescados Rubén Burela renovaron o seu compromiso por unha tempada. O técnico alfocense seguirá á fronte do primeiro equipo masculino despois dunha tempada na que o cadro burelés quedou ás portas do regreso á Liga Nacional de Fútbol Sala, pero no que acadou acadou a Copa Galicia e deu confianza a xogadores novos que poden ser importantes no futuro do club.

Juanma agradeceu a confianza do club, “que xa me transmitiu en xaneiro que quería contar comigo. A predisposición polas dúas partes sempre foi boa”, resaltou o adestrador.

FICHAXES

O preparador do cadro burelés referiuse ás tres incorporacións –Lucho, Vargas e Juanfran– oficializadas pola entidade, que se suman a Matamoros, Renato, Hélder e Pope. “Lucho vai achegar un pouco máis de veteranía e o perfil de Juanfran e Vargas é similar ao de Hélder e Renato”, explicou.

O equipo laranxa volverá ao traballo a comezos de agosto.

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

A directiva da entidade convoca aos socios na sede do club (Arcadio Pardiñas, 97) para unha asemblea xeral ordinaria o 27 de xuño. A primeira convocatoria está prevista para as 20.00 horas, e a segunda para as 20.30. Entre os temas a tratar estará o orzamento para a vindeira tempada, a filialidade co Comarcal a Fervenza FSF ou un informe sobre as instalacións deportivas

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here