InicioDeportesO xogo de cinco leva ao Burela FSF á final da Copa

O xogo de cinco leva ao Burela FSF á final da Copa

O Pescados Rubén mostra o seu dominio deste recurso para remontar un 0-2 ante o Jimbée Roldán

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF remontou un 0-2 e demostrou a súa mestría no xogo de cinco -faceta no que é sen dúbida o mellor equipo da Primeira División- para derrotar ao Jimbée Roldán, o vixente campión de Liga, e coarse na final da Copa de España de Cádiz. O Atlético, que demostrou a súa calidade fronte ao Universidad de Alicante (6-1), será o rival das burelesas no partido polo título, mañá ás 11.00.

TEMPERÁN GOL DAS MURCIANAS

A primeira metade estivo marcada polo temperán gol de Consu, no minuto 4. A internacional española, que completou un enorme encontro, aproveitou unha mala saída do balón do Burela. Levou por loita varios rexeitamentos antes de facer unha parede con Miriam e bater a Ana Romero. O tanto deu ás ao Jimbée Roldán e pouco despois Vanesa Pereira conectou un disparo que desbaratou a gardameta murciana do Pescados Rubén. De aí ao remate do primeiro asalto, os esforzos para nivelar o marcador das discípulas de Julio Delgado e máis Lucas foron infrutuosos.

VARIAS LESIÓNS

Nun segundo tempo bronco, no que se lesionaron Vanesa Pereira, Mari Ángeles e tamén Sara Correia -a priori cun esguince de xeonllo-, as cousas torcéronse aínda máis para as mariñás. No minuto 30 Jozi resolveu con mestría un man a man contra Consu que foi o preludio do 2-0, no que a goleadora do Jimbée Roldán culminou un gran contraataque das campioas de Liga.

SARA CORREIA MARCHOU MANCADA CUN ESGUINCE DE XEONLLO

A PORTEIRA-XOGADORA, CHAVE

Julio Delgado e máis Lucas non agardaron un segundo e o cadro burelés sacou a porteira-xogadora. A sete minutos para o remate, Bea Mateos aproveitou un contragolpe en tres toques das mariñás para levar a incerteza ao marcador. Ao pouco, Etayo despexou un disparo de Cilene. A gardameta do Roldán non puido con Dany, que fixo boa unha excelente circulación de balón das súas e equilibrou a balanza. Foron os mellores minutos do cadro laranxa e, acto seguido, Tai Menezes perdoou o 3-2 nunha ocasión inmellorable, ao rematar ao longueiro case sobre a liña de gol logo dun fungueirazo de Cilene.

DANY DECIDE NA PRÓRROGA

A dous minutos para o remate da segunda parte do tempo extra, de novo co xogo de cinco, Dany puxo por diante ao Pescados Rubén cun gran disparo e levou ao Pescados Rubén á final da Copa. O encontro decisivo poderase ver en directo na canle de Youtube de ONDACADIZTV.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...