InicioDeportesO Parrulo destrona na final da Copa Galicia a un abnegado Burela...

O Parrulo destrona na final da Copa Galicia a un abnegado Burela FS

O Pescados Rubén cede ante o equipo ferrolán (4-3) e queda ás portas de celebrar o segundo título dunha tempada extraordinaria

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS non puido de completar un curso perfecto e, tras acadar o título de Segunda División e o ascenso a Primeira, quedou ás portas de revalidar a Copa Galicia, que finalmente levou (4-3) O Parrulo Ferrol FS.

O equipo ferrolán, que esta campaña militou na máxima categoría do fútbol sala español e que se medirá no vindeiro curso aos burelaos, destronou aos discípulos de Juanma Marrube tras unha final máis competida do que di o marcador e na que o cadro laranxa chegou con vantaxe ao descanso.

VANTAXE MARIÑÁ AO DESCANSO

O Burela FS saíu á pista sen complexos e no minuto 2 Luisma tivo a primeira gran ocasión do encontro cun disparo ao pau. No 7, o internacional Adri gozou da mellor ocasión do conxunto local, pero topou tamén coa madeira.

Ao cuarto de hora, Iago Míguez puxo por diante ao conxunto mariñao, que padeceu un severo contratempo pouco despois coa expulsión de Renato, con dous cartóns amarelos case consecutivos. Con todo, Pope tivo o 0-2 nun disparo que bateu co longueiro.

O INICIO DO SEGUNDO TEMPO, CHAVE

Na segunda metade, o rápido gol do Parrulo, anotado por Isma no minuto 21, marcou o devir da final. Chemi acadou o 2-1 segundos despois, unha renta que ampliaría Adri pasada a media hora de xogo. Antes, Joselito, Matamoros e Iago Míguez, nunha triple ocasión, perdoaron o 2-2.

REACCIÓN FINAL

Adri, de novo, deixou patente a súa clase para marcar no minuto 35 o 4-1, que semellaba acabar coa resistencia do Pescados Rubén FS. Non foi así, xa que Lucho, no 39, e Joselito, no 40, deron esperanzas ao conxunto mariñao de poder equilibrar o marcador antes da bucina. Non foi posible e O Parrulo destronou ao Burela, que quedou co orgullo de competir ata o último minuto dunha campaña sobresaínte.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...