InicioDeportesO Burela FSF fai os deberes sen premio

O Burela FSF fai os deberes sen premio

O Pescados Rubén cumpre coa súa obriga ao golear a domicilio ao Femisport, pero o Atlético é o novo campión tras bater ao Alcorcón

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF quedou ás portas de gañar o título da Liga Foro 16 Feminismo despois de derrotar a domicilio (1-6) ao Palau Femisport. O equipo mariñao precisaba para levantar o trofeo dun tropezo do Atlético Futsi Navalcarnero, que finalmente non chegou. O cadro branquivermello superou ao Alcorcón (0-2) e proclamouse campión.

Bea Mateos e Cami deron vantaxe ao conxunto laranxa na primeira metade frente a un Femisport que só acadou un punto na tempada e que non foi rival para as da Mariña. No segundo tempo, Lara, Cris, Collado en propia porta -que tamén marcou o único tanto das locais- e Popó aumentaron a renda.

Con todo, os tantos de Marta Pelegrín e Amelia Romero coroaron ao Futsi e frustraron as aspiracións das discípulas de Julio Delgado e Lucas. O equipo mariñao completou un extraordinario curso, no que só cedeu seis puntos, todos contra o equipo campión.

O VINDEIRO RETO, A COPA

A Copa da Raíña, que se disputará en Vista Alegre do 14 ao 16 de xuño, é agora o novo reto para o Pescados Rubén Burela FSF.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...