InicioDeportesEverton: desborde, gol e experiencia en Primeira para o Pescados Rubén

Everton: desborde, gol e experiencia en Primeira para o Pescados Rubén

O á brasileiro, de 23 anos e procedente do Santiago, é a segunda incorporación do Burela FS

Publicada o

- Advertisement -

Trala fichaxe de Álex Diz, o Pescados Rubén Burela FS anunciou este mércores a súa segunda incorporación para a vindeira tempada, a do á brasileiro Everton Luiz Ferreira Araújo.

Everton (Penha-Brasil, 1996) procede do Santiago Futsal, onde militou as últimas dúas tempadas, a primeira delas na máxima categoría da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS) e a pasada campaña na Segunda.

Trátase dun xogador con experiencia en Primeira, posto que chegou ao Bodegas Juan Gil Jumilla no 2015, procedente de El Pozo Murcia. Na tempada 2016-2017 foi o máximo anotador do cadro murciano en Primeira, con 15 goles.

No pasado curso, Everton demostrou de novo a súa capacidade anotadora. Xogou 18 partidos (sete como titular) no conxunto compostelán para marcar 14 tantos. Everton, zurdo, destaca pola potencia, o desborde e remate e tamén se pode desenvolver como pivote. 

“NON DUBIDEI UN MOMENTO”

“Cando me xurdiu a oportunidade non o dubidei nin un momento; estou seguro de que nos espera algo moi bonito neste novo proxecto”, explicou o novo futbolista da entidade laranxa. O xogador, que se atopa de vacacións na súa terra natal, será presentado oficialmente ao seu regreso.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...