InicioDeportesA AD Santiago de Foz leva a final mariñá da Copa Deputación...

A AD Santiago de Foz leva a final mariñá da Copa Deputación alevín

Os focegos impuxéronse ao Viveiro A nos penaltis logo dun partido igualado na Ribela

Publicada o

- Advertisement -

A AD Santiago de Foz proclamouse campión da Copa Deputación alevín, nunha final con protagonismo mariñao, xa que os focegos medíronse no partido decisivo polo título ao Viveiro A

O encontro, que se desputou no campo da Ribela, en Sarria, foi igualado e os pupilos de Criss estiveron máis atinados na quenda de penaltis, despois de chegar ao final do partido con 1-1. Os focegos gañaron o campionato logo dun gran torneo e os viveirenses alcanzaron un meritorio subcampionato que fala da boa saúde da canteira mariñá.

O deputado de deportes, Pablo Rivera Capón, e a alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, entregaron os premios do torneo alevín e tamén do benxamín, no que o Lugo A derrotou ao Lugo B

TERCEIRO CAMPIÓN DA BISBARRA

O cadro focego é o terceiro equipo da bisbarra que levanta o trofeo nesta edición, despois do triunfo da SD Ribadeo nas competicións infantil e xuvenil. A SD Burela, que desputa a final do trofeo de Segunda e Terceira Autonómicas este domingo no Anxo Carro ante o Brollón, podería completar o póker.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...