O salón de actos do consitorio de Burela acolleu na tarde do xoves a presentación da primeira Copa da Súa Maxestade a Raíña, que se celebrará en Vista Alegre do 14 ao 16 de xuño.
Xunto ao alcalde, Alfredo Llano, e o edil de deportes, Ramiro Fernández, estivo a deputada de economía, Mayra García Bermúdez, ademais do presidente do Pescados Rubén Burela FSF, equipo anfitrión, e o director da Área do CNFS da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), José Miguel Calle.
Os representantes coincidiron en definir a cita como un gran éxito do fútbol sala nun momento no que o deporte feminino está conseguindo ocupar o sitio que merece. Llano destacou que “Burela é unha localidade de grande afección ao fútbol sala e Vista Alegre responderá”.
García Bermúdez felicitou ao Concello e ao club naranxa por acoller unha vez máis, e van tres edicións (2011, 2014 e 2019), un trofeo que gañou no 2013.
UNHA F-4 MASCULINA E FEMININA, EN PROXECTO
Blanco e Calle destacaron a calidade e a rivalidade que se vivirá esta fin de semana en Burela. “A primeira Copa da Raíña é un éxito porque reflicte a firme aposta que desde a RFEF estamos a facer polo deporte feminino. Xa temos en proxecto poder facer unha final four masculina e feminina na mesma sede“, explicou o segundo.
OS OITO MELLORES, A PROBA
Futsi Atlético Navalcarnero (vixente campión de Liga), Pescados Rubén, Ourense Envialia, Jimbée Roldán, Poio Pescamar, Penya Esplugues, Universidad de Alicante e Alcorcón pelexarán polo título.
Son os oito mellores equipos ao final da competición regular da Liga Foro 16 Feminismo.
O BURELA FSF, FRONTE AO ALICANTE
As impresións e sensacións de adestradores e xogadoras, a menos de 24 horas do inicio da cita, pecharon o acto. O Pescados Rubén Burela abrirá a súa participación ás 20.30 horas, co partido de cuartos de final contra o Universidad de Alicante. Neste enlace podes consultar todos os horarios dos encontros.
Se non podes achegarte, tamén podes ver a competición por televisión ou streaming.