InicioDeportesO torneo Costa Nova xunta a 40 equipos en cinco municipios mariñaos

O torneo Costa Nova xunta a 40 equipos en cinco municipios mariñaos

Xove, Burela, Foz, Barreiros e Alfoz acollerán encontros da vixésimo segunda edición do campionato

Publicada o

- Advertisement -

O torneo Costa Nova, que cumpre a súa vixésimo segunda edición, encherá de fútbol cinco municipios da Mariña na vindeira fin de semana: Burela, Xove, Foz, Barreiros e Alfoz. Un total de 40 equipos, pertencentes a 22 entidades, participarán no campionato, que arrincará o venres e concluirá o domingo na Marosa e en Malates, coa desputa das finais e a entrega de premios.

O torneo contará cun total de sete sedes, xa que Xove -co municipal e o campo de Lago– e Burela -cos campos sintético e artificial do recinto da Marosa- achegan dúas instalacións.  Entre a nómina de clubs participantes hai representantes da Mariña Lucense, de Galicia e de comunidades como Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela León e Madrid.

PARTICIPANTES

Competirán no Costa Nova ED Lourenzá Talleres Icardi, Porto de Burela, Santiago de Foz, Casás, UD Xove Lago, CD Foz, Amigos de Gijón, CD Cayón, CD Montdevil, Astileku, Unionistas Salamanca, Juventud Estadio Oviedo, Olímpico CF, Astur, CD Covadonga, CD Tineo, CD Unión Arroyo, SD Nueva Montaña, Ribamontán Al Mar, FPAC Tecnificación, Peña Beryma, Bertamiráns FC e Victoria CF. A competición disputarase en todas as categorías de base, desde prebenxamíns a xuvenís.

Presentaron o evento o presidente da organización, José Saa, o director do torneo, Joaquín Vázquez, o xefe provincial de deportes, Manolo Cadramón, os alcaldes de Foz e Alfoz, Javier Castiñeira e Jorge Val, e o concelleiro de deportes de Burela, Ramiro Fernández.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...