Vegadeo acollerá o campionato Europeo de jiu jitsu en abril de 2020

A selección española desta arte marcial de orixe xaponesa realiza esta semana na vila a primeira concentración de cara á competición internacional

Deportistas da selección española fronte á casa consistorial vegadense. AXM

Vegadeo será a sede do vindeiro Campionato Europeo de Jiu Jitsu, que se celebrará do 24 ao 26 de abril.

O concello asturiano e a Federación Española da disciplina -unha arte marcial de orixe xaponés- asinaron este xoves un convenio para empregar as instalacións da vila como centro de alto rendemento para as concentracións que realicen de cara á cita internacional.

O acordo, que implica tamén ao club local Hado, inclúe o compromiso do Concello para adaptar as instalacións do concello aos requerimentos do evento deportivo.

EXHIBICIÓNS AO AIRE LIBRE

A selección española de jiu jitsu celebra esta semana -do 15 ao 19 de xullo- na localidade asturiana a primeira sesión de adestramento de cara ao campionato.

Ademais das sesións de adestramento, os deportistas realizan exhibicións ao aire libre da modalidade na que competirán, random attack (ataques aleatorios), para familiarizar ao público coas súas técnicas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here