O Memorial Heroes do Orzán arrinca este mércores e prolongarase ata o día 1 de xullo en cinco sedes da comarca: Burela, Foz, Cervo, Xove e Viveiro. Participarán un total de 66 equipos -pertencentes a 21 clubs– en todas as categorías de base, desde prebenxamíns ata xuvenís. Os aspirantes proceden das comunidades de Madrid, Castela e León, Asturias e das catro provincias galegas.
A xornada deportiva comeza ás 17.30 horas en Burela –Vista Alegre e Monte Castelo-, Viveiro, Foz e San Cibrao. Podes consultar os horarios e sedes de todos os encontros aquí. CalendarioMemorial18-AM
PUBLICACIÓN
O Concello de Burela e a Fundación Imdecum, organizadora do evento, presentaron o libro-guía do memorial, que repasa a traxectoria das seis edicións anteriores do torneo de fútbol sala base e rende homenaxe aos policías Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López e José Antonio Villamor Vázquez, falecidos en 2012 nunha tentativa de rescate na praia do Orzán.
Isabel Lozano, nai do burelés Rodrigo Maseda Lozano, o alcalde de Burela, Alfredo Llano, o edil de deportes, Ramiro Fernández, e o presidente de Imdecum, Marcelino Luna, participaron na presentación do documento, que en 150 páxinas recolle información dos equipos participantes, da historia do trofeo e tamén turística da comarca da Mariña. Fátima Ríos, responsable do deseño e maquetación, e o redactor, Ramón González Rey, acudiron tamén ao acto, no consistorio burelés.