InicioDeportesO Burela FS completa a portería con Imanol, campión de Copa co...

O Burela FS completa a portería con Imanol, campión de Copa co Jaén

O porteiro canario, de 24 anos, tivo pouco protagonismo no cadro andaluz e competirá con Edu por minutos

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS alcanzou un acordo co gardameta canario Imanol Chávez Darias (La Gomera, 1993) para a vindeira tempada. O porteiro incorporarase á disciplina do cadro mariñao procede do Jaén Paraíso Interior, equipo co que gañou a Copa de España a pasada tempada.

Imanol competirá por minutos na rotación laranxa co capitán Edu, co que formará un dúo de gardametas de garantías para Juanma Marrube.

Na pasada tempada, o porteiro canario tivo pouco protagonismo na Liga Nacional de Fútbol Sala co Jaén, conxunto no que compartiu vestiario con varios ex integrantes do equipo burelao, como Dani Martín, Chino, Burrito ou o técnico Dani Rodríguez. Coa competencia dun excepcional gardameta como Dídac, Imanol xogou oito partidos en Liga, tres deles como titular, para encaixar un total de 15 goles.

TRAXECTORIA

O novo gardameta do conxunto laranxa formouse no Gomera FS e Gran Canaria Colegios Arenas. Na tempada 2015-16 xogou en Romanía, no KSE Targu Mures. Na campaña 2016-17 militou no FS Zamora, de Segunda B, e no curso 2017-18 estreouse en Primeira División co equipo andaluz.

BLOQUE CASE COMPLETO

Con doce futbolistas, o bloque do Pescados Rubén Burela para a vindeira tempada semella estar practicamente completo. Edu e Imanol serán os porteiros. Pope, Lucho e máis Hélder exercerán como peches. Renato, Vargas, Iago Míguez, Juanfran e Porto cubrirán as ás, mentres que Luisma e Matamoros serán as opcións de Juanma para o posto de pivote.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...