O regreso de Peque ilusiona Vista Alegre

A xogadora madrileña, crucial na historia do Burela FSF, volve despois de dúas campañas en Italia

Peque, nun encontro da súa anterior etapa no Burela FSF. AXM

O ilusionante regreso da ala-pivote Patricia González Mota (Madrid, 1987) será a guinda do novo proxecto do Pescados Rubén Burela FSF 2018-2019. Logo de dúas tempadas no fútbol sala italiano, a xogadora madrileña, unha das máis talentosas do mundo, volve a un club no que militou seis campañas e gañou dous títulos de Liga (2012-2013, 2015-2016), unha Copa de España (2013) e unha Supercopa (2015).

A ALA-PIVOTE ASINOU CONTRATO POR TRES TEMPADAS CO CADRO BURELÉS

Nas últimas dúas tempadas, Peque militou no Sinnaí de Cerdeña e no Cagliari. A xogadora despediuse de Burela coa consecución dos títulos de Liga e Supercopa no seu último curso de laranxa, e agora será unha das bazas do cadro mariñao nun novo asalto ao título ligueiro. Peque, que asinou contrato coa entidade burelesa por tres campañas, destaca pola súa calidade técnica, a súa creatividade na pista e tamén pola súa competitividade.

NOVE XOGADORAS

O Pescados Rubén Burela FSF conta polo momento para a vindeira tempada coas gardametas Jozi e Ana Romero e con Bea Mateos, Lara, Cilene, Cami, Jenny, Dany e Peque como xogadoras de pista. 

O club deu a baixa durante as últimas semanas a Tai Menezes, Sara Correia, Julia Forsiuk, Judith e Sofía

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here