InicioDeportesOportunidade para Pitero, que completa o primeiro equipo do Burela FS

Oportunidade para Pitero, que completa o primeiro equipo do Burela FS

Logo de rematar a etapa xuvenil, o prometedor á-peche será o cuarto canteirán ás ordes de Juanma

Publicada o

- Advertisement -

Logo de formarse nas categorías de base do club e rematar na pasada campaña a súa etapa xuvenil, Christian Rivas García, ‘Pitero‘ (Burela, 1999), vivirá a súa primeira tempada con ficha do primeiro equipo do Pescados Rubén FS. O prometedor á-peche burelés pechará o bloque que adestrará Juanma Marrube.

Na súa etapa xuvenil, Pitero acumulou éxitos. Foi internacional coa selección española sub-19 -ao igual que outros compañeiros, como Nito Valle e Luismi Nieto– e gañou o título de Liga da División de Honra xuvenil nas dúas últimas campañas. Tamén foi un habitual nas convocatorias do combinado galego da categoría.

Na tempada pasada, marcada polas lesións que non lle deixaron ter continuidade, Pitero xa foi un máis na dinámica de traballo do primeiro equipo. “É o exemplo de que con traballo e compromiso se pode dar o salto dende a base”, asegura Manuel Blanco, o presidente laranxa. De feito, Pitero será o cuarto canteirán ás ordes de Juanma, con Iago Míguez, Hélder e Renato

BLOQUE PECHADO

Salvo algunha novidade non prevista, o bloque do Pescados Rubén Burela para a campaña 2018-2019 está pechado. Os porteiros Edu e Imanol (procedente do Jaén Paraíso Interior); os peches Pope, Lucho (Levante) e Hélder; os ás Renato, Vargas (Levante), Iago Míguez, Pitero, Juanfran (Natuperllet Segovia) e Porto (Lugo Sala); e os pivotes Luisma e Matamoros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...