InicioDeportesAdrián Ben cítase cos mellores dos 800 no Mundial absoluto de Doha

Adrián Ben cítase cos mellores dos 800 no Mundial absoluto de Doha

O atleta viveirense iniciará este sábado a súa primeira participación nun campionato do mundo sénior de atletismo

Publicada o

- Advertisement -

O atleta de Viveiro Adrián Ben citarase esta fin de semana cos mellores corredores do planeta no Mundial de Atletismo que se celebrará en Doha, a capital de Qatar.

Será a primeira participación nun Mundial sénior para o atleta viveirense, que malia contar só 21 anos xa participou en dúas grandes competicións na categoría absoluta, o Europeo indoor de Glasgow e o Campionato de Europa ao aire libre de Berlín.

VERSATILIDADE

Se ben nesas dúas competicións Ben participou na súa proba favorita, a dos 1.500 metros lisos, para acceder ao Mundial de Doha debeu confirmar a súa versatilidade, pois obtivo praza nas series clasificatorias dos 800, unha distancia máis explosiva e na que a estratexia ten menos peso.

O vindeiro sábado, a partir das 17.05 horas, Ben loitará por unha praza nas semifinais do seu primeiro Mundial absoluto de atletismo, que de continuar coa súa progresión non será o único. As semifinais disputaranse o domingo, sobre as 21.55 horas, e a gran final será o martes, desde as 22.10 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...