InicioDeportesO Pescados Rubén FSF golea ao Majadahonda e mantense cun pleno de...

O Pescados Rubén FSF golea ao Majadahonda e mantense cun pleno de vitorias en Primeira

Atlético Futsi Navalcarnero e Ourense son os outros dous equipos, á espera do que faga o vindeiro domingo o Cidade das Burgas, que contan os seus partidos por triunfos

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF segue invicto na Primeira División despois de golear (5-0) ao Majadahonda en Vista Alegre da man dunha Ale de Paz que está nun momento doce, con catro goles nas tres primeiras xornadas de Liga.

A xogadora de Neda, que chegou este verán ao conxunto laranxa procedente do Poio Pescamar, está a confirmar que a súa incorporación foi un acerto. A á, de 24 anos, foi a encargada de abrir o marcador, no minuto 7, ao atopar un oco entre as pernas da gardameta visitante, Lauri.

O cadro burelao apertou o acelerador e ao cuarto de hora xa mandaba por 3-0, con dous goles case consecutivos -no minuto 14 e no 15- de Jenny Santos e Cilene, respectivamente. Co botín dos tres tantos alcanzou o equipo de Julio Delgado e máis Lucas o descanso, sen pasar agobios para conservar a súa renda.

Tampouco padeceu o cadro local na segunda metade. Ao contrario, unha espléndida Lauri evitou unha maior goleada con paradas a disparos de Jane, Cilene e Peque.

O conxunto burelao marcou o 4-0 a tres minutos do final, logo dun centro de Lara que aproveitou a capitá Bea Mateos. A poucos segundos do final, Ale de Paz redondeou o resultado para o Pescados Rubén Burela FSF ao culminar unha xogada de Luci.

A VINDEIRA FIN DE SEMANA, DERBI NAS BURGAS

O cadro mariñao é así un dos únicos tres equipos da Primeira División que conta os seus partidos por vitorias trala disputa das tres primeiras xornadas. Atlético Futsi Navalcarnero e Ourense son os outros dous integrantes do trío que comanda a clasificación da máxima categoría.

Con todo, un equipo pode aínda sumarse ao triunvirato pois xogará este domingo o seu encontro e ten dous triunfos no seu haber. É o Cidade das Burgas ourensán, que se medirá (12.00 horas) ao Zaragoza e que a vindeira fin de semana recibirá ao conxunto mariñao.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...