InicioDeportesHistórico: Adrián Ben cóase na final dos 800 do Mundial de Doha

Histórico: Adrián Ben cóase na final dos 800 do Mundial de Doha

O atleta viveirense rebaixou case nun segundo a súa mellor marca persoal e meteuse por tempos entre os oito mellores do mundo

Publicada o

- Advertisement -

Adrián Ben demostrou de novo que a súa progresión non ten teito e alcanzou a final dos 800 metros lisos do Mundial de Doha. É o segundo español na historia que consegue colarse entre os oito mellores do mundo da especialidade, tras Tomás de Teresa en Tokio no 1991.

Pasaban os dous mellores de cada unha das tres semifinais e os dous mellores por tempos. Ben saíu pola rúa 2 e padeceu co ritmo infernal imposto desde o principio polo portorriqueño Wesley Vázquez, que parou o cronómetro con 1 minuto, 43 segundos e 67 centésimas.

O atleta viveirense non perdeu a calma malia un inicio frenético e remontou desde o último posto para enlazar co grupo e acadar a cuarta praza nun excelente final. Adrián cubriu a distancia nun tempo de 1:44.97, rebaixando case nun segundo a súa mellor marca personal, 1:45.78, acadada no pasado mes de xullo. Así, acadou tamén o récord galego absoluto.

Deste xeito, malia quedar cuarto na súa quenda, Ben obtivo o mellor tempo dos non clasificados directamente e o vindeiro martes estará na final (21.10 horas). Álvaro de Arriba non puido meterse entre os oito mellores.

“ESTE ANO APRENDÍN QUE A CONTINUIDADE É O QUE TE LEVA AO ÉXITO”

En declaracións para Teledeporte, Ben emocionouse agradecendo a seus pais o esforzo por permitirlle “seguir soñando” con competir no atletismo malia non dispoñer de instalacións na súa Mariña Lucense natal.

“Foi unha carreira a todo trapo, así que tentei non suicidarme na primeira volta, colocarme ben e facer o que poidese. Este ano desfrutei coma nunca adestrando, aprendín que a continuidade e o saber estar é o que te leva aos éxitos”, resumiu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...