InicioDeportesO Pescados Rubén FS aguanta 30 minutos a un Movistar Inter que...

O Pescados Rubén FS aguanta 30 minutos a un Movistar Inter que impón a súa maior calidade

Tres goles en tres minutos do equipo madrileño desequilibran un encontro no que o cadro mariñao chegou a ir por diante ao descanso

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS non puido puntuar na pista dun intratable Movistar Inter (7-2), candidato a todo na presente Liga e que polo de agora conta os seus partidos por vitorias na Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS).

O conxunto burelao chegou ao pavillón Jorge Garbajosa de Torrejón de Ardoz despois de vivir unha semana amarga, coa confirmación da lesión de longa duración dun dos seus piares, o canteirán Iago Míguez, que con toda probabilidade perderase o que resta de tempada.

O cadro madrileño impuxo un forte ritmo desde o inicio e adiantouse no minuto 2, por medio de Pito. Borja mandou ao pau pouco despois. Con todo, o Burela FS non se descompuxo e os discípulos de Juanma Marrube empataron por medio de Renato ao borde do cuarto de hora. O 1-1 premiaba a insistencia do conxunto laranxa, que pouco a pouco meteuse no partido e puxo a proba a Jesús Herrero. Dominaba o equipo mariñao e Pope culminou o remonte antes do descanso.

O Movistar Inter acadou o empate á volta dos vestiarios, cun tanto de Bebe. O conxunto burelao encaixou o 2-2 e optou polo xogo de cinco, sen sorte de cara a portería.

Foron as últimas oportunidades para rabuñar puntos dun orgulloso cadro visitante. No minuto 31, o Pescados Rubén Burela FS encaixou o terceiro, obra de Gadeia; o cuarto do cadro madrileño chegou no 32, por medio de Borja; Ortiz marcou no 33 o 5-2 e acabou nun abrir e pechar de ollos coas posibilidades dos mariñaos.

Solano, con tantos nos minutos 37 e 38, acadou un dobrete que pechou o encontro (7-2).

O VALDEPEÑAS, SEGUINTE RIVAL

O conxunto burelao é o pechacancelas da categoría, cun único punto polo de agora, o que acadou contra o Levante. Os pupilos de Juanma terán a vindeira fin de semana unha nova oportunidade para sumar ante o Viña Albali Valdepeñas, en Vista Alegre.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...