InicioDeportesUn sólido Pescados Rubén FSF bate ao Leganés e segue sen ceder...

Un sólido Pescados Rubén FSF bate ao Leganés e segue sen ceder un punto

Jane e Peque (2) marcaron os goles das locais, que se manteñen no trío de cabeza xunto a Atlético Navalcarnero e Ourense Envialia

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF segue sen ceder puntos no seu camiño da Primeira División tras derrotar (3-1) ao Leganés en Vista Alegre.

O conxunto laranxa sumou a quinta vitoria da tempada nun encontro completo das discípulas de Julio Delgado e máis Lucas, que souberon maniatar ao seu rival e crearon varias ocasións de perigo.

Jane abriu o marcador segundos antes do cuarto de hora. O 1-0 foi o premio ao monólogo do cadro laranxa; Jenny Santos e Lara Balseiro toparan antes coa gardameta visitante, Elisa, sen que Jozi pasase atrancos. De aí ao descanso, o Pescados Rubén tivo o segundo tanto nas botas de Bea Mateos, Cilene e Ale de Paz, sen acerto na finalización.

Á volta dos vestiarios, Jane avisou de novo nunha oportunidade que foi o preludio do 2-0, obra de Peque no minuto 26. A talentosa á madrileña repetiu un minuto despois, deixando o partido visto para sentenza.

Werner acurtou diferenzas a falta de cinco minutos para o desenlace, sen que perigase a vitoria local malia o xogo de cinco das visitantes.

A VINDEIRA FIN DE SEMANA, DESPRAZAMENTO A ALACANTE

Atlético Futsi Navalcarnero e Ourense Envialia son os únicos dous equipos que, ao igual que o Burela FSF, manteñen un pleno de triunfos. Na sexta xornada da competición, o conxunto laranxa medirase a domicilio ao Xaloc Alacant.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...