InicioDeportesÉverton e Matamoros danlle a primeira alegría do curso ao Burela FS

Éverton e Matamoros danlle a primeira alegría do curso ao Burela FS

O Pescados Rubén derrota con sufrimento nos últimos minutos ao Peñíscola (2-1) e suma tres puntos vitais tras sumar un tanto nas sete primeiras xornadas

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS atopou por fin o premio ao seu esforzo e sumou á sétima oportunidade a primeira vitoria do curso 2019-2020, o do regreso á Primeira División. O conxunto que adestra Juanma Marrube bateu ao Peñíscola e sumou un triunfo crucial, que dá folgos ao equipo mariñao despois dun arranque de Liga no que unhas veces padeceu a competitividade da máxima categoría e noutras ocasións non acadou os puntos merecidos polo xogo despregado.

Matamoros adiantou axiña aos locais, no minuto 5, ao transformar un penalti que forzou o propio pivote madrileño. O tanto deu ás aos burelaos, e Renato tivo o 2-0 pouco despois nunha oportunidade que desbaratou Molina.

O equipo que adestra o ex técnico do Burela FS Juanlu Alonso estirou liñas e tivo a súa primeira ocasión no minuto 8, salvada por Pope. Antes do cuarto de hora, o peche catalán non encontrou rematador na área no que puido ser o 2-0.

Respondeu axiña o cadro valenciano, pero Edu estivo seguro para desviar co pé un remate de Paniagua. O porteiro naronés salvou outra clara ocasión do conxunto visitante, logo dun roubo a Éverton que o capitán enmedou. Sufriu o equipo mariñao nos últimos minutos da segunda metade, xa que o gardameta do Pescados Rubén aínda tivo que estirarse para conservar a renta tras un disparo dun activo Paniagua.

SEGUNDO TEMPO

O segundo tempo comezou frenético, cunha boa ocasión de Renato no minuto 24 que foi o preludio dun disparo ao poste dos visitantes. Pouco despois, Molina salvou o 2-0 ao despexar un remate de Éverton. Acto seguido, Pope disparou desviado.

Luisma e Raúl Gómez tiveron ocasións, unha por bando, antes de que Éverton acadase o 2-0 tras aproveitar un pase longo de Edu para superar con sutileza a Molina. Era o minuto 34 do encontro.

O gol descentrou ao Peñíscola, que perdeu pouco despois a Tuli, expulsado con dobre cartón amarelo tras unha forte entrada sobre Edu.

O máis complicado semellaba feito, pero Orzáiz acurtou diferenzas ao aproveitar unha perda de balón dos burelaos xusto cando o Peñíscola se recuperaba da inferioridade numérica. Sufriu o Burela FS, xa que Paniagua tivo o 2-2 a dous segundos do remate, pero conseguiu amarrar tres puntos vitais.

VISITA AO BARÇA NA OITAVA XORNADA

O cadro burelao visitará ao poderoso FC Barcelona na oitava xornada de Liga, que se disputará a vindeira fin de semana.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...