InicioDeportesOito de oito triunfos para o Burela FSF, que afronta no triunvirato...

Oito de oito triunfos para o Burela FSF, que afronta no triunvirato de cabeza un mes de novembro decisivo

O Pescados Rubén gaña en Zaragoza (1-3) e iguala a traxectoria inmaculada de Atlético e Ourense Envialia á fronte da Primeira División

Publicada o

- Advertisement -

Oito xornadas e oito vitorias para o Pescados Rubén Burela FSF, que continúa sen cometer erros na Primeira División do fútbol sala feminino español. O equipo mariñao mantén o ritmo doutros dous rivais invictos no que vai de competición, o actual campión de Liga, o Atlético Futsi Navalcarnero, e o Ourense Envialia.

O cadro ourensán saíu vitorioso do derbi galego fronte ao Poio Pescamar (2-3), mentres que o Futsi levou tamén os tres puntos nun partido de rivalidade autonómica fronte ao Leganés (3-6). Ante estes resultados, as discípulas de Julio Delgado e máis Lucas non debían fallar e non fallaron, dobregando este domingo a domicilio ao Sala Zaragoza (1-3).

O conxunto laranxa obtivo un valioso triunfo ante un rival que non se desanimou tras outro gran inicio das visitantes e vendeu cara a derrota. O cadro burelao estase a mostrar voraz nos arranques dos partidos e na capital maña colocouse con dous goles a favor nos primeiros cinco minutos do encontro, tantos de Peque e Jane.

A propia Jane e Lara Balseiro tiveron o 0-3 antes do descanso, pero foi Paola quen atinou para aos locais, reducindo a diferenza no marcador e poñéndolle incerteza ao encontro.

Na segunda metade, Jenny Lores e Dany poideron ampliar a renta do Burela FSF, que empregou o xogo de cinco a partir do minuto 32. O 1-3 non chegaría ata o 35, cando a pivote brasileira culminou no segundo pau un envío de Jane.

De aí ao final, co conxunto burelao cargado de faltas, Jozi foi decisiva ao deter dous dobres penaltis. Amarrou así o Pescados Rubén FSF unha vitoria que lle permite seguir entre o trío de cabeza antes dun treito complicado do calendario.

A VINDEIRA XORNADA, DERBI APAIXONANTE EN OURENSE

O conxunto burelao afrontará un mes complicado co desprazamento á pista dun dos integrantes do triunvirato da Liga, o Ourense Envialia; a visita do Alcorcón, na xornada 10 (16/11); o encontro fronte ao Penya Esplugues, a domicilio; e o clásico ante o Futsi en Vista Alegre (30/11).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...