InicioDeportesO Burela FSF endosa a primeira derrota do curso ao Ourense Envialia...

O Burela FSF endosa a primeira derrota do curso ao Ourense Envialia e segue o ritmo do Futsi

Só o cadro laranxa e mailo Atlético fican invictos na Primeira División trala disputa das nove primeiras xornadas

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF salvou un test de primeira dificultade nos Remedios e endosou ao Ourense Envialia (1-3) a primeira derrota da tempada. Deste xeito, só o Atlético Futsi Navalcarnero, que goleou ao Xaloc Alacant (6-0) e o cadro burelao fican invictos tralas nove primeiras xornadas da Liga na Primeira División.

Nun partido cunha intensidade mesmo excesiva, cargándose os dous equipos axiña de faltas, Peque adiantou ao equipo da Mariña Lucense no minuto 8. Jane e Laura Uña dispuxeron de cadanseu dobre penalti para, respectivamente, ampliar diferenzas no marcador e igualar o encontro. A brasileira topouse con Vane e a xogadora local disparou ao pau.

Si aproveitou un dobre penalti Marta, acadando o 1-1 antes de que se cumprise o cuarto de hora. Cilene tamén tivo a súa oportunidade a dous minutos do descanso, pero non conseguiu devolver a vantaxe ao cadro que adestran Julio Delgado e máis Lucas.

Á volta dos vestinarios, Jane desequilibrou a balanza no minuto 25. O 1-2 deu tranquilidade ao Burela FSF e Jenny Santos ampliou o botín no 29 ao aproveitar un erro das locais. O xogo de cinco do Ourense Envialia no último treito do encontro non fixo perigar un valioso triunfo das mariñás.

PREMIOS DO DEPORTE GALEGO

O Pescados Rubén Burela FS recollerá o vindeiro 28 de novembro o premio como Mellor Equipo Feminino de Deporte Galego 2018 da Secretaría Xeral para o Deporte. Así o deu a coñecer onte a Xunta de Galicia. As de Burela compartirán o galardón co Atlético Guardés de balonmán, nunha edición na que se recoñecen 22 premiados en 18 categorías.

O ALCORCÓN, VINDEIRO RIVAL

Na vindeira fin de semana, o conxunto burelao recibirá ao Alcorcón, seguindo o seu camiño nun mes de novembro que se presume vital para os intereses do cadro mariñao, con enfrontamentos ante Penya Esplugues e Atlético.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...