Este sábado disputarase a primeira edición do Rally Mariña Lucense. Os concellos de Cervo, Xove e O Vicedo, e mailo de Viveiro, onde estará o parque pechado, ubicado no porto, acollerán a proba, a última puntuable para o campionato Galego da especialidade, que xa gañou Víctor Senra. O campión non estará na competición, aínda que si pilotos como Iago Caamaño ou Alberto Meira.
O punto de partida da competición será O Vicedo, onde se cubrirán 11,1 quilómetros. O segundo treito será o de Xove, de 9,9 quilómetros, mentres que o tramo final será o de Cervo, cunha distancia de 10,10 quilómetros.
Os 72 pilotos participantes afrontarán farán tres pasadas de cada un deles, para un total de 93,45 quilómetros de percorrido cronometrado e de 254,25 quilómetros en total.

No tocante ao percorrido, podes ver neste mapa o percorrido, ou se o prefires con máis detalle nos vídeos ou interactivamente nesta ligazón de Google Maps.

TREITO DO VICEDO
No Vicedo, o percorrido sairá de preto da estación de tren, no Camiño Sacido, para ir pola CP-4604, pasando pola Aldea de Crecide, A Gatariza e Valdourido, en dirección ao Folgueiro.
1ª Pasada: 8.28 horas / 2ª Pasada: 12.47 horas / 3ª pasada: 17.26 horas.
TREITO DE XOVE
A saída estará en Illade e a meta na capitalidade xovense. O traxecto pasa polas parroquias de Xuances, Sumoas e Xove.
Primeira pasada: 09.16 horas / 2ª pasada: 13.35 horas / 3ª pasada 18.14 horas.
TREITO DE CERVO
O treito de Cervo partirá de diante da Fábrica de Sargadelos, seguindo pola zona da casa da administración con dirección ao campo de fútbol da Bidueira, A Senra, Barxa, cruce de Castelo, Igrexa, O Seixo, Gondrás e rematará na zona do Castelo.
1ª Pasada: 9.59 horas / 2ª 14.18 horas / 3ª 18.57 horas
SEGUIR OS TEMPOS ONLINE
Os tempos online poderán seguirse nesta ligazón. Os premios entregaranse en Viveiro ás 00.00 horas do domingo. Oscilarán entre os 1.600 euros e trofeo para o primeiro clasificado e os 375 euros do sexto.