Iago Caamaño leva o primeiro Rally Mariña Lucense

Impúxose a Alberto Meira por seis segundos de diferenza, mentres que o terceiro posto foi para Óscar Veiga Bello, da Escudería A Pontenova

Iago Caamaño. IAGO CAAMAÑO/FACEBOOK

Iago Caamaño -formando equipo con Alberto Rodríguez (Lalín DezaVolskwagen Polo R5)- resultou o gañador da primeira edición do Rally Mariña Lucense.

O piloto coruñés impúxose a Alberto Meira (Recalvi Team, Citröen DS3 R5) e José Murado cunha vantaxe de 6.050 segundos, despois de investir un tempo de 1 hora, 1 minuto, 42 segundos e 556 centésimas en cubrir os nove treitos cronometrados da competición, que tivo a súa sé en Viveiro e cuxo percorrido pasou por O Vicedo, Xove e Cervo.

O terceiro posto foi, lonxe dos dous grandes aspirantes ao título, para dous pilotos da escudería A PontenovaÓscar Veiga Bello e Eloy Fernández Bello (Subaru Impreza WRX). A dupla do equipo mariñao investiu tres minutos e 20 segundos máis có campión.

Resultados. AXM

Podes consultar os resultados completos nesta ligazón.

Alberto Meira. ALBERTO MEIRA/FACEBOOK

ESPECTÁCULO

A competición, na que participaron 72 pilotos, chamou a atención do público da Mariña e ofreceu un excelente espectáculo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here