InicioDeportesO Burela FSF fai os deberes en Esplugues de Llobregat antes da...

O Burela FSF fai os deberes en Esplugues de Llobregat antes da batalla contra o Atlético

Da man de Peque, autora de tres goles, o Pescados Rubén golea (1-6) ao cadro catalán e afrontará o duelo da vindeira fin de semana a dous puntos do líder

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF gañou na pista do Penya Esplugues (1-6) e afrontará o clásico da vindeira fin de semana contra o Atlético Futsi Navalcarnero a dous puntos do cadro madrileño, que continúa como líder da Primeira División tras derrotar ao Sala Zaragoza (5-4).

Despois de ceder os primeiros puntos da tempada na pasada xornada contra o Alcorcón (2-2), o cadro laranxa saíu con ganas á cancha e encarrilou axiña o triunfo. No minuto 10 xa gañaba por 0-3, con tantos de Ale de Paz, Peque e Dany. Pasado o cuarto de hora, Celia aproximou ao conxunto catalán no marcador, anotando o 1-3 co que se chegou ao descanso.

O equipo que preparan Julio Delgado e máis Lucas acabou coa resistencia do equipo local no 23, grazas a Peque. Ale de Paz e a propia á madrileña completaron a goleada das visitantes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...