O xogador do Pescados Rubén Burela FS Iago Míguez será intervido o vindeiro martes, 10 de decembro, da súa lesión do xeonllo dereito, con rotura de ligamentos cruzado anterior e colateral medial, ademais de ambos os meniscos. O canteirán da entidade laranxa ingresará no hospital de Fremap de Majadahonda o luns para pasar polo quirófano ao día seguinte.
ACONTECEU NO PARTIDO FRONTE AO LEVANTE
O xogador viuse obrigado a retirarse do parqué de Vista Alegre no partido ante o Levante UD FS o 27 de setembro, por un gran choque nunha saída do meta visitante. Aínda que non se ofrece por agora un prazo de recuperación, trátase dunha lesión que require de varios meses de curación, de xeito que probablemente o xogador burelao perderase o que resta de tempada.