InicioDeportesMatamoros comanda ao Burela FS en Tudela á súa primeira vitoria a...

Matamoros comanda ao Burela FS en Tudela á súa primeira vitoria a domicilio

O pivote madrileño anota un póker para o cadro mariñao, que derrota ao Ribera Navarra (5-6)

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS acadou a súa primeira vitoria como visitante na presente tempada na pista do Aspil Ribera Navarra (5-6). Tres goles en sete minutos de inspiración de Jorge Matamoros, do 27 ao 34, resolveron o encontro a prol do cadro da Mariña Lucense, que obtén un triunfo valioso polos tres puntos e polo reforzo de confianza que supón para os discípulos de Juanma Marrube. O pivote madrileño acadou cinco tantos.

O cadro burelao levantou un encontro que parecía perdido nunha primeira metade sen mando, pois perdía por 3-0 no minuto 6, con tantos de Lucas (2) e Gus. Matamoros limou as diferenzas no marcador antes do cuarto de hora, e o propio o pivote madrileño e máis Pope puxeron as táboas no eléctronico antes do descanso.

Nada máis comezar a segunda metade, David Pazos marcou o cuarto do equipo tudelano, tanto ao que respondeu de novo Matamoros, no 27. Lucas, completando o seu hat trick, puxo por diante no marcador ao equipo navarro no 28, pero a partir de entón ninguén puido co pivote internacional madrileño, que desequilibrou o encontro.

O PALMA FUTSAL, VINDEIRO RIVAL

Na vindeira xornada, o equipo burelao medirase ao Palma Futsal en Vista Alegre.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...