O Pescados Rubén Burela FSF gañou na pista dun dos clásicos da Primeira División, o Universidad de Alicante (1-4), e segue na pelexa por acadar a primeira praza na máxima categoría á fin da Liga regular, un liderado que mantén o Atlético Futsi Navalcarnero despois de golear ao Alcorcón no derbi madrileño (4-0).
Despois da dolorosa derrota en Vista Alegre no partido fronte ao líder, encaixando dous goles no último minuto e medio do encontro, as discípulas de Julio Delgado e máis Lucas reaccionaron con carácter e mostraron solvencia a domicilio para levar os tres puntos do feudo do sexto clasificado.
O conxunto mariñao chegou ao descanso cunha vantaxe dun gol, despois de que Carmen equilibrase o tanto de Luci e Peque puxese do novo ao cadro laranxa por diante no electrónico. Jenny Santos e Jane sentenciaron o encontro tralo descanso.
O UCAM MURCIA, SEGUINTE RIVAL
Na vindeira xornada, o Pescados Rubén Burela FSF, que segue a cinco puntos do Futsi, recibirá ao UCAM Murcia.