Catro equipos participaron este luns, xornada con alerta laranxa na Mariña Lucense por tempora costeiro, nos adestramentos para o Illa Pancha Challenge. Os deportistas e mailos seareiros e fotógrafos que contemplaron os ensaios poideron desfrutar de ondas xigantes, como a que capturou nunha instantánea Robus Pazos Santos.
Leo Havin e Remi Arauzo, Cedric Giscos e Pierre Fourcade, os irmáns Guillaume e Alexandre Mangiarotti e máis Eric Rebière, un dos organizadores, xunto a Óscar Ibars, surfearon ‘O Panchorro‘ nesta xornada de luns.
ENTRE O 1 DE XANEIRO E O 31 DE MARZO
O Illa Pancha Challenge 2020 celebrarase entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo, período de espera da segunda edición do desafío de ondas xigantes.