InicioDeportesIago Míguez estará entre oito e nove meses de baixa tras ser...

Iago Míguez estará entre oito e nove meses de baixa tras ser intervido

O xogador do Pescados Rubén Burela FS foi operado da súa lesión no xeonllo dereito, coa rotura dos ligamentos cruzado anterior e colateral medial

Publicada o

O xogador do Pescados Rubén Burela FS Iago Míguez foi operado o pasado martes con éxito na clínica de Fremap de Majadahonda do seu xeonllo dereito, con intervención de ligamento cruzado anterior e colateral medial.
O canteirán do equipo mariñao padeceu esta lesión no encontro do pasado mes de setembro fronte ao Levante en Vista Alegre, despois dun choque co porteiro visitante.
O servizo médico da entidade laranxa estima un tempo mínimo de recuperación entre oito e nove meses, polo que o futbolista mariñao non poderá axudar aos seus compañeiros no que resta de curso. O Pescados Rubén Burela FS recibirá o vindeiro venres ao Palma Futsal no pavillón burelao.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...