InicioDeportesUn minuto de despiste tira pola borda o traballo dun Burela FS...

Un minuto de despiste tira pola borda o traballo dun Burela FS que equilibrara un 0-2 ante o Palma

O cadro mallorquín marca dous goles xusto despois de encaixar o tanto do empate e leva os tres puntos de Vista Alegre

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS perdeu este venres en Vista Alegre (2-4) ante un dos mellores equipos da Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS), o Palma Futsal. O conxunto laranxa caeu de novo despois de dúas xornadas consecutivas sumando, ao empatar (2-2) ante o Jaén e derrotar ao Aspil Ribera Navarra (5-6).

O equipo local foi boa parte do encontro a remolque no marcador, pero acadou equilibrar a balanza, quedando sen gas nun minuto fatídico, o 35, no que encaixou o terceiro e o cuarto tanto do conxunto visitante.

No primeiro acto, Ximbinha, no minuto 9, e Nunes, antes do cuarto de hora, déronlle vantaxe ao cadro mallorquín. Antes do descanso, Matamoros anotou de penalti o seu sétimo gol nas tres últimas xornadas.

No segundo tempo, o Pescados Rubén atopouse con Barrón. O gardameta do Palma desbaratou varias acometidas dos locais, pero non puido evitar o empate no minuto 34, obra de Álex Diz a pase de Matamoros.

Cando o máis complicado semellaba feito, o cadro burelao encaixou dous tantos no minuto 35 que tiraron pola borda o seu traballo. Rafa López, á saída dun saque de esquina, e João, déronlle o triunfo ao Palma. Os discípulos de Juanma Marrube tentárono con xogo de cinco, tendo a mellor ocasión a poucos segundos do final, cun disparo de Matamoros ao pau.

O CÓRDOBA, VINDEIRO RIVAL

O Córdoba Patrimonio, a domicilio, será o vindeiro rival do Pescados Rubén Burela FS.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...