InicioDeportesO Burela FS cede a Éverton ao Ceutí e busca xogadores no...

O Burela FS cede a Éverton ao Ceutí e busca xogadores no mercado de inverno

Trala baixa do xogador brasileiro e a lesión de Iago Míguez, o Pescados Rubén buscará reforzarse para un treito final de Liga no que buscará a permanencia en Primeira

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS cedeu ao xogador brasileiro Éverton Luiz Ferreira Araújo ao Ceutí, equipo de Segunda División que adestra o galego Santi Valladares. O futbolista coincidiu co seu novo adestrador no Santiago Futsal, conxunto de onde chegou ao cadro da Mariña Lucense o pasado verán.

A á, segundo confirmou o conxunto lucense, finalizará a tempada nas filas do equipo de Ceuta e posteriormente reincorporarase ao persoal do Burela, xa que ten contrato ata 2021 co equipo lucense.

O club da máxima categoría agradeceulle a súa contribución ao equipo “nestes meses de loita e adaptación” á élite tras lograr o ascenso e deséxalle “moita sorte defendendo as cores do equipo de Ceuta”.

EN XANEIRO, OPORTUNIDADE PARA REFORZARSE

A marcha de Éverton semella facer oco para novos xogadores que poidan dar un salto de calidade ao bloque. Coa lesión de longa duración de Iago Míguez, que non poderá xogar no que resta de curso, o conxunto burelao, pechacancelas da clasificación, buscará fichaxes no mercado de inverno. En xaneiro ábrese a posibilidade de pechar incorporacións e baixas e o equipo laranxa precisa reforzos para afrontar o treito restante dunha tempada na que está a sufrir as esixencias da Primeira División.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...